30 abr. 2010

Todos somos poetas: Antonio García Teijeiro





Un muro diante dos ollos.

Palabras coma fíos invisibles.

Esas mans que escriben na terra.

Coitelos abandonados nos versos.

Pombas que semellan bandeiras.

e beizos que reclaman uns beixos.

Xa alguén escribiu na parede:

Todos somos poetas. 


(C) Antonio García Teijeiro
De su libro
"As palabras están a mirarse arredor da mesa"
Voz:
María García Esperón
MMX