2 dic 2010 | By: María García Esperón

Unha man bica a arpa, de Antonio García Teijeiro


Unha man
bica a arpa
na procura
dunhas notas
delicadas
que me encantan.
Arpa azul
cordas brancas
tremen tolas
soben baixan.
Cala o vento
na distancia
sobe a man
a man baixa
medran notas
delicadas
que me encantan
que me encantan.

Antonio García Teijeiro con el busto de Antonio Machado


0 comentarios:

Publicar un comentario